Outono Deportivo en Pena Corneira

27 e 28 de Novembro 2021

Sendeirismo Cultural – Escalada – Marcha Nórdica – Orientación – Carreira x Montaña – Pilates – Magosto

Asesou, xunto co Concello de Leiro e a Diputación de Ourense, organiza dúas xornadas de Actividades Deportivas para promocionar e dar a coñecer a nova Area Recreativa de Pena Corneira, en Lamas (Leiro).

Haberá Actividades para todos os gustos, e para todas as idades…

O Sábado animamosvos a participar, e disfrutar, con unha Ruta de Sendeirismo Cultural guiada por Xesús Gulías, unha Actividade Dirixida de Pilates Activo, un Taller de Orientación e manexo de Mapa e Brúxula para Adultos, un Taller Práctico de Estiramentos e Auto-Masaxe, e para finalizar o día, unha Carreiriña de Orientación para Cativos na que terán que atopar unhas balizas escondidas polos arredores. 

O Domingo teremos, a partir das 10h da mañá, un Cursiño de Iniciación a Marcha Nórdica, unha Práctica de Iniciación a Carreira x Montaña, unha Actividade de Boulder e Escalada en Bloque, e uns Talleres de Manualidades de Outono para Nenos e Nenas

Finalizaremos as Actividades celebrando un Magosto para todos os Participantes nas Actividades a partir das 18:30h.

Xa sabedes, ide despexando as vosas Axendas que o Fin de Semana do 27 e 28 de Novembro ven cargado de Actividades en Pena Corneira…